FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS DE FERROL

Fóra do mapa é un festival que comezou como unha iniciativa para dar a Ferrol unha dose de entusiasmo aos seus habitantes, por medio dunha programación de artes escénicas contemporáneas, resaltando ao mesmo tempo o seu patrimonio artístico e arquitectónico, facendo da cidade o escenario ideal dunha revolución artística á altura da historia e da importancia de Ferrol.

III EDICIÓN

Nesta terceira edición continuamos a presumir de Ferrol, lembrándolle á xente as cousas boas que ofrece a cidade. A arquitectura, sen dúbida, é un dos activos do barrio da Magdalena e, por iso, imos levar as pezas artísticas a inmobles descoñecidos ou inexplorados.

DO 24 AO 30 DE SETEMBRO

Fóra do Mapa pretende, así mesmo, alimentar as inquedanzas do público que demanda unha cultura variada e activa, en continua evolución, posto que o contemporáneo é o sinal de identidade deste festival.

Porén, non só o público terá cabida no evento. Os artistas terán a oportunidade de medrar, ampliando os seus coñecementos, compartindo ideas entre eles e atopando a inspiración a través de elementos arquitectónicos senlleiros, nunha formación complementaria cun obradoiro de creación escénica que se celebrará durante o festival e que terá unha mostra final aberta ao público.

PROGRAMA DIARIO

24

LUNS

Obradoiro

Marta Carrasco

Horario: 11:00h – 14:00h

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

Inauguración da exposición + 

Presentación do festival

“Fenómenos do rural”Unha homenaxe á muller rural galega.

Yoseba Murazábal

Horario: 20:30h

C.C. Torrente Ballester. Sala Bello Piñeiro

25

MARTES

Obradoiro

Marta Carrasco

Horario: 11:00h – 14:00h

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

Perra de nadie

Fragmento de 40 min.

Marta Carrasco

Horario: 21:00h

Museo da Costa de Mella

26

MÉRCORES

Obradoiro

Marta Carrasco

Horario: 11:00h – 14:00h

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

Ultrashow

Miguel Noguera

Horario: 21:00h

C.C. Torrente Ballester

27

XOVES

Obradoiro

Marta Carrasco

Horario: 11:00h – 14:00h

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

Peza ad hoc

Peza ad hoc para o festival dirixida por Marta Carrasco durante o Obradoiro.

Horario: 21:00h

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

28

VENRES

Figueira

Diana Mera

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Sede Afundación; Praza Constitución s/n

Hoy Puede Ser Mi Gran Noche

Teatro en Vilo

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Pub Malvada; Rúa Sánchez Barcaiztegui, 29 baixo

American Dream

Alberto da Sinda

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Portal Casa Pereira; Rúa Dolores, 64

Monstruación

Enconarte Producciones

Pezas escénicas

Horario: 21:30

Antigo restaurante chinés; Rua Dolores, 11

29

SÁBADO

El hombre efímero 

Ángel Simón

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Antiga panadería Francesa; Rúa Coruña, 43

Grallar de Corvos e Sirenas de Barco

Xabier Deive

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Cafetería Tupinamba; Rúa da Igrexa, 64

Mi cuerpo es capitalismo

Esperanza Guardado

Teatro breve

Horario (3 pases): 18:30h /19:15h /20:00h

Centro de Psicología Silvia Rodríguez; Rúa Real, 134 1ºB

Generación Why

Teatro En Vilo

Pezas escénicas

Horario: 21:30h

Teatro Jofre

30

DOMINGO

Roteiro Walking Ferrol 

Dirixido por José Prieto

Horario (2 pases): 12:30h/13:30h

Saída do palco da música da praza da Constitución

 STRPTS Episodio I: Mirlo&Rula

Cinema Sticado

Pezas escénicas

Horario: 18:30h

C.C. Torrente Ballester

ENTRADAS

As entradas son de balde, salvo na obra Ultrashow de Miguel Noguera no C.C. Torrente Ballester, que ten un prezo de 5€.

É preciso reservar as entradas no mail foradomapaferrol@gmail.com.

As entradas para o Teatro Jofre e o C.C.Torrente Ballester, retiraranse na taquilla.

ENTRADAS ESGOTADAS
  • Ultrashow de Miguel Noguera
  • American Dream  de Alberto da Sinda
  • Monstruación de Enconarte Producciones
  • Mi cuerpo es capitalismo de Esperanza Guardado

SEDE DO FESTIVAL

A sede do festival Fóra do mapa 2018 será no Centro Cultural Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal s/n).  Alí poderedes reservar entradas, visitar a exposición e informarvos de todos os detalles do festival.

Horario:
De martes a Xoves de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Venres e Sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 18:00

CONTACTO

Nuevo campo

10 + 5 =

CRÉDITOS

Organiza: Concello de Ferrol

Dirección e coordinación: Cristina Moreira

cristinamoreiraferrol@gmail.com

Axudante de coordinación: Cristina Mariño

Deseño e comunicación: MadameBelula & MigaPuna

Organiza

Colabora