ARTISTAS

Artistas e todo tipo de personaxes que poidas imaxinar

MARTA CARRASCO

Coreográfa

Marta Carrasco Llovet, conta cunha dilatada carreira profesional como directora e creadora escénica, pedagoga teatral, bailarina, intérprete e coreógrafa. Tras pasar por varias compañías de danza decide emprender o seu camiño en solitario. No ano 1995 crea o seu primeiro só de danza/ teatro. Desde entón a creadora acumulou máis dunha trintena de premios e mencións. Desde o ano 1996 Marta Carrasco realizou máis doutra trintena de colaboracións. Como actriz nunha curta de Frederic Amat (viaxe á lúa de García Lorca) nomeada aos Goya á mellor curta de fcción, como colaboradora na coreografía da película Iberia do director Carlos Saura, ata a dirección na coreografía de Ferndando Arrabal de en Pingüinas.

Os premios máis destacados por creacións propias

· 2 Premios MAX a Aiguardent (Mellor intérprete e mellor coreografía)

· 2 Premios MAX a GA- gá (Mellor espectáculo de danza e mellor coreografía)

· 5 Nóminaciones aos premios MAX.

· Premio finalista ao mellor espectáculo de Danza por Aiguardent

· Premio finalista á mellor Intérprete feminina por Aiguardent

· Premio finalista á mellor coreografía en Mira’ m

· Premio finalista á mellor Intérprete feminina Eterno? Això si que non!

· Premio finalista á mellor coreografía por J’ Arrive…!

· Premio finalista á mellor intérprete feminina por J’ Arrive…!

· Premio finalista ao mellor espectáculo de danza por J’ Arrive…!

· Premio fnalista á mellor intérprete feminina por Non se se…

· Premio fnalista á mellor coreografía por Non se se…

· Premio fnalista ao mellor espectáculo de Danza por Dies Irae

· 5 Premios Butaca (premios outorgados por votación do público) Premio crítica teatral, Aiguardent

· 1 er. Premio Festival Internacional de Lisboa por Dies Irae

· Premio Valladolid por toda unha carreira e por Dies Irae.

· Premio cidade de Barcelona · Premio da crítica teatral por Pesombra

· 1 er. Premio de Directoras de escena de Torrexón por Dies Irae

· Premio Nacional de danza de Cataluña

· 1 er. Premio de festival de teatro por Mira’ m

· Premio Serra de Ouro ao mellor espectáculo teatral por J’ Arrive…!

· Finalista do Festival Internacional de Teatro Latino de New York como mellor espectáculo por Aiguardent

· Mellor espectáculo de danza no Festival Internacional de Teatro e Danza de Huesca, 2016, outorgado polos profesionais e o público.

· Mellor só entregado polo premio de Critícaa de Cataluña 2017

· Premio Serra d’ Or de Teatro á achega máis interesante de Cataluña 2018 Nomeada dobremente nos Premios Max 2018 por mellor interpretación feminina e mellor coreografía.

Actualmente Perra de nadie conta coa canidatura aos Premios TB de Barcelona 2018 ao mellor espectáculo de danza. A Cía. Ademais de xirar por todo o territorio Español, tamén realizou xiras por Brasil, Alemania, Costa Rica, Polonia, Ecuador, Nova York, Panamá, Chicago, Méjico, Holanda, Miami , Francia.

ver espectáculos >>

MIGUEL NOGUERA

Actor e director

+INFO

As Palmas de Gran Canaria, 12 de novembro de 1979. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona (2002). Reside en Barcelona.

Ultrashow

Desde 2004 levo a cabo o espectáculo Ultrashow en contextos variados (teatros, festivais e museos). No período 2004 – 2011 realízao esporadicamente, á marxe da súa actividade laboral. A partires de abril de 2011 (coa programación semanal no Teatreneu de Barcelona) Ultrashow pasou a ser a súa principal actividade.

Actualmente represéntao con periodicidade bimensual no teatro Goya de Barcelona (desde a tempada ’13-’14) e mensualmente no teatro Luchana de Madrid (desde a tempada ’17-’18).

Libros publicados

En colaboración con Jonathan Millán publica Hervir un Oso (editorial Belleza Infinita, 2010), e en solitario Ultraviolencia, Ser Madre Hoy, Mejor que Vivir, La vieja tigresa o el erotismo en la senectud, La muerte de Piyayo y Clon de Kant (os seis coa editorial Blackie Books, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016 e 2018 respectivamente).

Cinema, Internet e televisión

Colabora como actor nalgúns vídeos do dúo de cómicos Venga Monjas e nos filmes Extraterrestre (2011), de Nacho Vigalondo; Diamond Flash (2011), de Carlos Vermut; Mi loco Erasmus (2012), Taller Capuchoc (2014) e Algo muy gordo (2017), de Carlo Padial. Colabora semanalmente no programa matinal de Manel Fuentes en Catalunya Radio (2008 – 2013); durante un curto período de tempo foi colaborador satélite do programa Buenafuente (La Sexta,2011), e durante tres meses, colaborador semanal no programa Tips (A 2, 2017).

ver espectáculos >>

XABIER DEIVE

Actor e director

+INFO

Xabier Deive e José Luís López “Sacha” son dous históricos da escena de Ferrolterra. Comezaron a súa formación na Escola de Teatro de Narón e posteriormente foron membros fundadores das compañías Caroza Teatro e Teatro Maltés. Actualmente seguen en activo compaxinando o Teatro coa participación en diferentes produccións de Cine e Televisión.

ver espectáculos >>

ENCONARTE PRODUCCIONES

Compañía

+INFO

Despois de “Non é país para conas” de Diana López Varela, a súa primeira montaxe, Enconarte Producciones presenta agora “Monstruación“, unha peza de creación colectiva, dirixida por Marián Bañobre.

Linguaxe bruta, humor sen pelos na lingua pero si nas axilas…

ver espectáculos >>

ALBERTO DA SINDA

Actor

Os meus comezos no teatro veñen da man de Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, na aula municipal de Teatro de Culleredo. Pouco despois comezo a miña formación de interpretación ante a cámara en LaTuerkaFilms; con Iria Ares, Daniel Currás e Milo Taboada á fronte da produtora-escola. Iso lévame ás miñas primeiras experiencias audiovisuais, participando en numerosas curtas. Pouco despois, dou o salto ó ámbito profesional, participando en series como “Libro de Familia” ou “Matalobos” (TVG). Ademáis, participei en numerosas obras de microteatro na tristemente desaparecida sala LaTuerka27. Tamén formei parte da compañía de cabaré Femme Fatale, dirixida por Nelson Quinteiro e da compañía de teatro Axóuxere, comandada por Alejandro Albaiceta. Despois, emigrei a Australia. Ó meu regreso retomei a miña actividade actoral no país; tanto no teatro -facendo unha incursión no xénero musical coa obra “Chou mas gou on (mefaltediós!)”- coma no audiovisual, incorporándome a series de televisión como “Serramoura” e “Pazo de Familia” (TVG) ou “Vivir sin permiso”, que se estreará próximamente en Tele5. O meu último traballo é nunha produción de Hollywood, a que será a sexta entrega da coñecida saga “Terminator”, dirixida polo gañador do Oscar, Tim Miller.

ver espectáculos >>

ÁNGEL SIMÓN

Actor e director

Ángel Simón aparece no teatro profesional a finais do século XX ou principios do XXI. Desde entón acompasa o estudo e o ensino, sempre á luz da pedagoxía de Monika Pagneux, co seu labor de actor, dramaturgo ou director, en compañías internacionais, como TSF ( UK) ou Ultramarinos de Lucas, e os grupos de experimentación MU Teatro, Une Lumière Fugitive ou La sombra del oso, dos que é membro fundador.

Interpretou pezas de Chéjov, Bulgákov, Beckett, Pinter, Bernhard, Dürrenmatt, Cervantes e Lorca, e levou aos escenarios as súas propias composicións.

ver espectáculos >>

DIANA MERA

Performance / acción escénica

Actriz, creadora e directora escenica. Titulada superior en Arte Dramatica pola ESAD de Galicia (especialidade de Direccion de escena e dramaturxia) e diplomada en Educacion Primaria, cun Master en Artes Escenicas pola Universidade de Vigo e un diploma en Interpretacion pola Escola de Teatro Santart (dous anos intensivos).

No 2016 recibe, xunto con Merche Perez e Tete Garcia, o premio Maria Casares ao mellor texto orixinal polo espectaculo “30 e tantos osos”.

Desde o 2003 ata o 2012, participa como actriz en diversas montaxes na Compania Arela das Artes da que foi fundadora xunto con Marta Perez, con traballos dirixidos por Roberto Cordovani, Charo Amador ou Carlos Alvarez- Ossorio.

A partir do 2009 comeza a dirixir os seus espectaculos nos que tamen actua: Degoiro de Sarah Kane, 69, Muller no9, 30 e tantos osos e 6 cubos negros en corpo branco. Os catro ultimos de creacion propia, nunha lina posdramatica na procura dunha etica e estetica persoais. E auxiliar de direccion en El Cuello de la Jirafa de Matarile Teatro no 2015. Encargase da direccion do espectaculo familiar Os reloxos preguiceiros de Neboa no 2016 -sendo unha das actrices do elenco- e dirixe Todo Sobre Eva de Xandra Taboas, premio Abrente ex aequo, estreada na MIT de Ribadavia no 2017

Participa en dous traballos performativos presentados na ESAD de Galicia e no Conservatorio Superior de Vigo e dirixe Azag. Escena deserta, con motivo da fundacion da revista de artes escenicas Nua da que e co-fundadora xunto con Julio Fernandez.

No campo audiovisual, participou como actriz na serie web Interfecto e na longametraxe Olhares de Perfl de ArsA Crastinum.

ver espectáculos >>

TEATRO EN VILO

Compañía

+INFO

Teatro En Vilo é unha compañía internacional de teatro fincada en Madrid e fundada en Londres en 2012. Funciona como un colectivo itinerante que serve como plataforma para colaboracións internacionais e interdisciplinares entre creadores de escena, artistas e investigadores provenientes de países de todo o mundo.

Combinando o improvisado e o coreográfico, o grotesco e o autobiográfico, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverencia, Teatro EnVilo lanzouse á apaixonante aventura de tentar desentrañar o tempo en que vivimos. Despois da exitosa estrea da súa primeira obra “ Interrupted” en Londres gañando o premio á “Mellor compañía de teatro emerxente” no Festival Mimetic, aterrou en Madrid con moita forza, gañando o premio ao “Mellor espectáculo teatral” no Festival TALENT de Madrid, participando con moito éxito no Festival “Elas crean” no Conde Duque.

Despois do seu paso polo Círculo de Belas Artes con excelentes críticas, fixo dúas tempadas no Teatro Lara de Madrid, esgotando as entradas e recibindo unhas críticas excelentes, posicionándose nos ránking das 5 mellores obras de Madrid, e o mellor espectáculo en segundo posto da Revista Godot. Mostrouse na Feira de teatro de Castela a Mancha cunha fantástica resposta. Recibiu o Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o nomeamento ao Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación. Tamén é espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de teatros. A súa segunda obra “Xeración Why” estréase no Centro Dramático Nacional ( CDN) na Sala Nieva do Teatro Valle Inclán e gaña o Primeiro Premio e Premio do Público do Festival Presente-Futuro de Palermo, Italia, estando presente no Festival Be Birmingham, para iniciar posteriormente a súa xira nacional e internacional. Desde a súa creación, recibiu o apoio do Arts Council británico, a Rede de Teatros Alternativos e o INAEM, da Comunidad de Madrid, gozou de tres bolsas de produción artística (Centre d’ Art a Rectoría, Lavoir Moderne Parisien) e foi galardoada cos premios Talent Madrid e Best Emerging Company London Mimetic Festival, e estar dentro do catálogo de Espectáculos recomendados pola Rede Nacional de teatros de España.

+ Info Compañía 

ver espectáculos >>

ESPERANZA GUARDADO

Actriz e directora

+INFO

Termina os seus estudos de arte dramática en 2012 en Córdoba a súa cidade natal e en 2013 múdase a Sevilla onde comeza a súa andaina audiovisual da man de series como Malviviendo ou Entertainment. En 2015 comeza o seu propio proxecto de webserie chamado “Briget Jon de Triana” co que recolle varios premios a mellor actriz en diferentes festivais nacionais como Carballo Interplay, Prado Real Webfest e Websurfestival; é tamén nomeada nos premios Asecan do cinema andaluz como mellor obra audiovisual para internet. En 2016 forma parte do elenco da compañía sevillana de sketches cómicos “Noche de repálagos” onde representa as súas propias pezas. En 2016 e 2017 resulta finalista no festival Notodofilmfest coas curtas “Que no Lusy que no” e “Que si Lusy que si” respectivamente. En 2018 múdase a Madrid e realiza aparacións en series de televisión como “Allí abajo” e “Centro médico”.

ver espectáculos >>

CINEMA STICADO

Compañía

+INFO

O colectivo Cinema Sticado nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual en combinación con ferramentas dixitais que permiten a creación e edición audiovisual en vivo.

Interésalles especialmente traballar un límite paradóxico entre dous extremos: por unha banda, dotar dunha función presencial e evidente aos elementos da representación en vivo (performers, decorados, personaxes, sons, imaxen e tecnoloxía), e pola outra, manter o fío dunha ficción á que o público -aínda consciente de cómo se está xestando- non poida sustraerse.

O núcleo do colectivo está composto por Xosel Díez -enxeñeiro e creador audiovisual- e Helena Varela -actriz de teatro e cine- .

Ambos poñen en escena o primeiro espectáculo do colectivo, xestado durante dous anos en colaboración con outros artistas entre os que destaca o pintor Xabier Varela, que debuxa os personaxes animados.

ver espectáculos >>

JOSÉ PRIETO

Director e dramaturgo

Autor de máis de setenta textos de teatro. Gañador de dous premios MAX e dous María Casares.

ver espectáculos >>

YOSEBA MURAZÁBAL

Artista

“Nacín na Coruña no 84. Medrei en Cambre xogando con moita liberdade. Na adolescencia descubrín o graffity. A miña nai animoume a estudar a carreira de Belas Artes. Na facultade de Pontevedra aprendín o xusto de técnica pero moito de idea. Pontevedra é unha fabrica de artistas onde cada un faise o seu propio molde.

Trás a carreira a única saída que atopo á miña obra son os concursos de pintura; antes da crise había moitos. Gañei varios e fun seleccionado en bastantes coa serie de cadros “Os meus amigos e os seus cans”. O dos concursos é unha lotería e buscando unha estabilidade económica abrín unha academia de pintura en Santiago de Compostela. Aos poucos perdo o interese por pintar imaxes dos meus amigos, facer sempre o mesmo acaba aburrindo, e non me gusta pintar por pintar, así que lle dou un descanso temporal á serie dos cans. Agora estou a pintar “Fenómenos do rural”. Non dei coa idea por casualidade, é algo que foi xurdindo de diferentes traballos e que se aglutinaron nun único concepto de “A muller do rural galego con superpoderes”. Empecei a serie pintando cadros pero onde máis forza e significado adquiren estas imagenes son nas paredes dos pobos galegos. “

ver espectáculos >>