OBRADOIRO

Obradoiro e peza escénica a cargo da artista Marta Carrasco

OBRADOIRO- WORKSHOP- MASTERCLASS

¡QUE ME CUENTEN LO BAILAO!

Fecha

Do 24 ao 27 setembro de 2018

Horario

De 11:00h a 14:00h

Lugar

Ateneo Ferrolán; Rúa Magdalena, 202-204

Mostra para o público

Xoves, 27 ás 21:00h

Prezo do obradoiro

40€

Prazo de inscrición

Do 15 ao 23 de setembro a través do formulario da web.
Enviar curriculum e unha carta de presentación explicando as vosas motivacións para facer o curso.
Máis información en foradomapaferrol@gmail.com

“Durante os días de obradoiro compartiremos o que eu sei e o que vós xa sabedes. Eu non son profesora, só comparto e transmito para que ti tamén poidas facelo. Só así podemos desfrutar e enriquecérmonos de todas e todos, engadindo ás nosas experiencias o noso toque persoal, o noso selo, o que nos diferencia do resto. Non existe ningún só ser que non sexa único.

Todo o que vos ensinarei non sabedes que xa o sabedes. Será un tempo de experimentación. Veredes ata onde pode chegar o voso corpo, a vosa expresión corporal, a vosa interpretación. Ata onde podemos chegar a utilizar todas e cada unha das nosas emocións.

Veñas de onde veñas, traballes onde traballes, estudes ou non… Só necesitamos deixarnos levar. Dispostos a non pensar e a estar dispostos a tocarnos a alma.

Unhas horas, tan só unhas horas. E o resto… Déixao nas miñas mans.

A compañía Marta Carrasco poderá escoller intérpretes para os seus espectáculos.”